Concerto do Día das Letras Galegas 2014

O Día das Letras Galegas é unha data na que se exalta a lingua galega facendo fincapé na tradición literaria galega. Este ano, o homenaxeado...

O Día das Letras Galegas é unha data na que se exalta a lingua galega facendo fincapé na tradición literaria galega. Este ano, o homenaxeado é Xosé María Díaz Castro (1914 – 1989), poeta nado en Guitiriz (Lugo).

Con motivo desta celebración a Banda de Música de Arca ofrecerá un concerto especial que recollerá obras de autoría e temática galega. O concerto terá lugar o sábado 17 de maio ás 20:30h no Centro Sociocultural Luís Seoane de Arca (O Pino), e enmárcase dentro do ciclo de concertos do noso 150 aniversario. Temos que destacar a boa acollida que están tendo as actividades realizadas ata o momento, algo que nos da folgos para continuar co noso traballo. Unha vez máis, dámosche as gracias polo teu apoio e esperamos verte en tan sinalada data.

Como remate, recordamos o primeiro dos poemas do libro Nimbos, a súa obra máis recoñecida.

COMA VENTOS FUXIDOS
Estes non son poemas, nin cimentos
de poemas siquera. Son fragmentos
de min mesmo perdidos,
coma ventos fuxidos,
por antigos camiños esquencidos:
Díaz Castro perdido no traxeito
dun recordo moi longo, recolleito
por un anxo e salvado
nalgún intre de amor desesperado!