A Escola

A base máis importante de calquera banda de música é a súa escola de música. Unha banda de música non se forma da noite á mañán, é precisa unha larga preparación tanto dos novos integrantes como dos músicos máis veteranos.

Por iso, a Banda de Arca mantén a súa propia escola de música, co afán de que todo aquel que teña interés poida sentirse realizado. Recentemente puxemos en marcha un novo proxecto, un novo soño, que o día 28 de Marzo de 2011 se veu cumplido: a inaguración do novo edificio para a nosa escola. Queda un segundo e importante esforzo, a súa oficialización, pois non só é un edificio senon que conleva un proxecto e uns obxectivos que queremos levar a cabo.

Esta escola está pensada como unha canteira de músicos coa que engrosar as filas da Banda. Calquera rapaz, ou non tan rapaz, pode estudiar música sen saír do seu concello sabendo que, despois dun periodo de aprendizaxe, terá una silla reservada na agrupación. Grazas a esta iniciativa, a media de idade da Banda de Arca sitúase nos 20 anos, sendo así unha das agrupacións máis xóvenes dos arredores. Por outro lado, o acceso á Banda é libre e podemos contar con persoas que non son do noso concello. As portas están sempre abertas sendo as ganas de traballar e pasalo ben o único requisito.

Como complemento a esta formación e para proseguir os estudios e obter unha certificación oficial, son moitos os que se desplazan ós conservatorios de Arzúa ou de Santiago de Compostela. Ademáis, varios alumnos da escola da Banda de Arca son seleccionados para formar parte de agrupacións como a Banda Sinfónica da Federación de Bandas de Galicia, por exemplo, onde se reunen os mellores músicos non profesionais do panorama galego.

A Banda de Arca busca a maior diversidade musical posible, ofrecendo así clases de:

  • Bombardino
  • Clarinete
  • Frauta
  • Oboe
  • Percusión -caixa, bombo, platos, batería, timbais, xilófono, etc.-
  • Saxofón -alto, soprano, barítono e tenor-
  • Trombón de varas
  • Trompa
  • Trompeta
  • Tuba
  • Piano
  • Solfexo e Linguaxe musical

Para todo isto contamos con profesores que son músicos profesionais, todos titulados na súa especialidade. Apostamos así por unhas clases instructivas, eficaces e de máximo rendemento. A labor didáctico-instructiva que realizan é enorme, aportando sempre estas melloras cara a Banda; o fin señalado desta escola.

Esta iniciativa comezou en novembro de 1996, cando un grupo de músicos comprometidos coa Banda comeza a impartir clase a cerca de trinta rapaces, case todos veciños do concello de O Pino. Tan só dous anos depois, en 1998, vinte destes rapaces debutan no concerto de Santa Icía. Grazas a este esforzo, a Banda de Arca recibiu un forte empuxón, tanto en calidade como en ganas de continuar co proxecto. Continuamente estamos a recibir novos alumnos e a incorporar novos músicos.

Na actualidade a Escola conta con máis de 40 rapaces e rapazas, participando todos eles nas actividades da Escola e da Banda. Mentres que as clases de instrumento son individuais e personalizadas, no caso de solfexo e linguaxe musical estes atopanse divididos en grupos para unha mellor organización e aprobeitamento das clases impartidas. Podemos tamén destacar que creamos un novo grupo de nenos e nenas, con idades de 3 e de 4 anos, no que o principal obxectivo é xogar aprendendo. Intentamos dar unha dinámica de clase que con leve un aprendizaxe constructivo ao mesmo tempo que os enganchamos no mundo da música.

Non se trata de que o nenos e nenas aprendan música, senón de que adquiran unha progresiva capacidade para servirse deste procedemento de expresión. O importante non é que eles aprendan ritmos ou compás, senón que sexan capaces de moverse con ritmo. Tratase de que aprendan a utilizar a súa propia voz como instrumento, que coñezan as posibilidades expresivas do corpo mediante a danza. Ao facelo así, gozan da actividade ao tempo que se fomentan neles as capacidades de expresión

Se estás interesado en formar parte da Banda ou en aprender a tocar un instrumento, podes falar con nós en calquera momento ou pasarte polo noso local de ensaio ou pola Escola de música, onde te atenderemos sen ningún problema. As portas da Banda de Arca están sempre abertas a novas incorporacións, tanto de dentro como de fóra do noso concello.