Desde a Banda de Música de Arca queremos dar as gracias a todos aqueles que nos apoiaron durante a nosa actuación no III Certame Galego de Bandas de Música. Gracias a todos vós, conseguimos acadar o 2º posto da 3ª Sección. Tamén queremos felicitar á banda gañadora, a Banda da Escola de Música de Candeán, así como ao resto de agrupacións participantes. O acontecido no Auditorio de Galicia mostra sen dúbida o gran nivel musical presente en Galicia. Desde aquí, a nosa noraboa a todos.
Recordando a actuación no II Certame Galego de Bandas de Música
O día 27 de Novembro comezará no Auditorio de Galicia o III Certame Galego de Bandas de Música Populares, no que a Banda de Música de Arca tentará acadar o primeiro posto. Esta é a segunda participación da Banda. Na primeira, recordamos, acadamos o segundo posto tras unha reñida votación.
Esperamos, como vides demostrando desde hai tanto tempo, o voso apoio nun momento tan importante para nós. Para aqueles que non puideron asistir na anterior ocasión, deixámosvos cunha das interpretacións da Banda de Aca que máis éxito tivo entre os nosos seguidores.
Desde a canle do YouTube da Federación Galega de Bandas de Música Populares podes recordar a nosa participación.
- En Homenaxe, de J. L. Represas
- Danza Galega No. 1, de Ricardo Dorado
- El arca de Noé, de Óscar Navarro [Parte 1] [Parte 2]
A Banda de Música de Arca, no III Certame Galego de Bandas
Despois de acadar o 2º posto no II Certame Galego de Bandas, a Banda de Música de Arca presentarase a esta nova edición para revalidar, se non superar, o resultado acadado. As bandas participantes na Sección Terceira son (por orde de actuación):
- Banda de Música A Vertula de Meis
- Banda de Música de Arca
- Banda de Música de Chapela
- Banda de Música U.V.C.D de Candeán
- Banda Municipal de Música de Guitiriz
- Ateneo Musical de Bembrive
Dito certame terá lugar os días 27, 28 e 29 de Novembro no Auditorio de Galicia. Manterémosvos informados, pero podedes atopar máis información na páxina web da Federación Galega de Bandas de Música Populares.
V Festival de Bandas Concello de O Pino
O venres 1 de maio de 2009, ás 20:30h e no centro sociocultural Luis Seoane (Arca) terá lugar o V Festival de Bandas Concello de O Pino. Nesta ocasión, contaremos coa presencia da Banda de Música de Llucmajor, que se desprazará desde Mallorca para acompañarnos no devandito festival. ¡Agardamos a vosa presencia!
II Certame Galego de Bandas de Música Populares
Durante os próximos días 21, 22 e 23 de novembro terá lugar no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) o II Certame Galego de Bandas de Música Populares.
O venres 21, a Sección Terceira (ata 45 músicos) do Certame terá coma competidora á Banda de Música de Arca, que actuará en quinto lugar loitando polo primeiro posto. Para elo, precisa do voso apoio, por iso, o Concello de O Pino poñerá a disposición dos veciños un autobús que sairá da Praza do Concello ás 19:15.
Pero se é moi cedo para ti, non busques unha excusa: a Banda de Arca actuará arredor das 22.30, despois de que o fagan as bandas de música de Cabral, Rianxo, Mondariz e Chapela e antes de que o faga a de Bembrive.
O autobús voltará ó remate do acto que será en torno ás 24.00 horas.
Podes atopar máis información sobre este Certame na páxina web da Federación Galega de Bandas.
Español
Galego 

