Últimos Títulos
0

Concerto de Nadal 2011 e presentación do novo disco

Unha vez máis, a Banda de Música de Arca convídate ao Concerto de Nadal 2011. O ano pasado preparamos un concerto especial para celebrar a...

Unha vez máis, a Banda de Música de Arca convídate ao Concerto de Nadal 2011. O ano pasado preparamos un concerto especial para celebrar a victoria no IV Certame Galego de Bandas de Música. Este ano tamén temos motivos para estar orgullosos: presentamos a nosa segunda grabación, «O souto estaba alumeado«. Con ela pretendemos recopilar algunhas das composicións máis representativas e que teñen un grande significado para nós porque forman parte dos distintos hitos que acadamos ao longo dos últimos anos. É por iso polo que seleccionamos este nome para o disco. Tal e como podes ver na nosa Historia, Neira Vilas recordaba os vellos tempos con agarimo, algo que sen dúbida nós tamén facemos co paso do tempo, e queremos inmortalizalo con esta grabación.

O concerto terá lugar no Centro Sociocultural Luís Seoane, en Arca (O Pino), o día 23 de decembro ás 21h. Contamos coa túa presencia e, en agradecemento, temos preparadas varias sorpresas.

Para conseguir este CD podes achegarte ao concerto aínda que posteriormente estará dispoñible noutros puntos para a súa venda. O CD ten un custo de 10€. Con el non so poderás desfrutar dalgunha das composicións que máis éxito tiveron entre o público se non que tamén contribuirás ao labor que estamos a realizar, cunha Escola de Música on cada vez máis rapaces e cunha Banda cada vez máis involucrada en novos proxectos. Todo o que se recaude revertirá integramente na mellora e continuidade da agrupación. É por isto polo que che damos as gracias de antemán, porque un músico non pode existir sen público e nós contamos cun dos mellores.

Mantente informado tamén a través das redes sociais, a Banda de Arca está presente en Facebook, Tuenti e no Google+!

0

Unha nova etapa

Hoxe damos un novo paso na historia da nosa Banda, despois de lograr o primeiro premio no IV Certame Galego, inaugurar a Escola de Música,...

Hoxe damos un novo paso na historia da nosa Banda, despois de lograr o primeiro premio no IV Certame Galego, inaugurar a Escola de Música, sumarnos ás novas redes sociais para unha maior difusión das nosas actividades e actuacións, traemos hoxe a renovación e estrea da nova páxina web da Banda de Arca.

Pensamos nunha web simple e funcional á cal lle engadiremos novos apartados e contidos que aínda estan en elaboración; desexamos que sexa unha web dinámica na que todo o mundo poida estar informado e mediante a cal tamén poderán acceder ás nosas redes sociais de Facebook e Tuenti.

0

Inauguración do novo local para a Escola da Banda de Arca

Onte acadamos un dos nosos ansiados obxectivos, a inauguración da Escola de Música. Tivemos o pracer de convidar a todos os nosos veciños e veciñas...

Onte acadamos un dos nosos ansiados obxectivos, a inauguración da Escola de Música. Tivemos o pracer de convidar a todos os nosos veciños e veciñas para que estiveran presentes ante un gran día para a Banda de Arca, principal beneficiaria desta escola.

Poidemos compartir as primeiras impresións desta Escola coas autoridades correspondentes, o señor alcade, Manuel Taboada e diversos concelleiros; o arquitecto que deseñou a escola e o representates da constructora do edificio. Destacar tamén a obrigada presenza do noso director, José María Blanco Pampín, que tivo verbas para os alí presentes e unha breve visita polas diversas aulas.

Esperamos poder disfrutar desta nova Escola ao cen por cen cando rematen de levar todo o inmobiliario necesarío, así como a oficialización da mesma, da que se encargaŕa a propia Banda.

0

Concerto de Nadal 2010

Como é tradicional, a Banda de Música de Arca está preparando o concerto de Nadal e quere invitarte a el. Celebrarase no Centro Cultural Luis Seoane en Arca (O Pino), o domingo 26 de Decembro, ás 19:30h. Ademais de interpretar as obras coas que alcanzamos o primeiro posto no IV Certame Galego de Bandas temos preparadas varias sorpresas, así que esperamos a túa asistencia.

0

A Banda de Arca, gañadora no IV Certame Galego de Bandas de Música

O pasado 19 de novembro, a Banda de Música de Arca proclamouse gañadora da 3ª Sección no IV Certame Galego de Bandas de Música Populares...

O pasado 19 de novembro, a Banda de Música de Arca proclamouse gañadora da 3ª Sección no IV Certame Galego de Bandas de Música Populares [ver táboa de puntuacións] celebrando no Auditorio de Galicia. Ademais, tamén recibimos o premio á interpretación da obra de libre elección de temática galega. É para nós un momento moi especial xa que, despois de dúas participacións acadando o segundo posto, este é un resultado que recompensa o gran esforzo realizado ao longo dos últimos anos.

Queremos darlle a noraboa ao resto de bandas participantes, en especial á Agrupación Musical de Belesar e á Banda de Música de Chapela, segundos e terceiros clasificados. Todas as bandas participantes amosaron o alto nivel das bandas de música populares galegas e agardamos que continúen con esa liña de traballo que sen dúbida lle reportará grandes alegrías.

Tamén queremos agradecer a presencia e o apoio a todos aqueles que nos acompañaron durante a nosa participación xa que unicamente o seu interese e apoio fai que non sintamos altamente recompensados.

[Actualización]

Varios medios, como El Correo Gallego, Tierras de Santiago ou a Radio Galega fixéronse eco desta nova.

0

IV Certame Galego de Bandas de Música

A Banda de Música de Arca participará no IV Certame Galego de Bandas de Música organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares. Esta é a nosa terceira participación e nela loitaremos por acadar o primeiro resultado dentro da III Sección.

Dita actuación terá lugar o Venres 19 de Novembro a partir das 20h no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Estades todos invitados e agardamos a vosa presencia para axudarnos a acadar o primeiro posto.

Para aqueles que non poideron vernos na anterior edición do certame, desde a canle de vídeos da Federación Galega de Bandas podedes volver a vera nos actuación:

Tamén podedes descargar os audios da grabación desde aquí [Inglés].

0

Intercambio Cultural coa Unión Musical Fuensalida

A Banda de Música de Arca tivo a honra de ser invitada a coñecer e actuar en terras toledanas da man da Unión Musical Fuensalida. A Banda de Arca visitará durante dous días (3 e 4 de Xullo) o concello de Fuensalida, situado a uns 30km de Toledo e actuará para os sus veciños.

Como contrapartida, esta agrupación visitará Arca dúas semanas depois. Ofrecerase un concerto nesta localidade o día 17 de Xullo.

0

Concerto de Nadal 2009

A Banda de Arca quere invitarvos ao seu tradicional Concerto de Nadal. O concerto terá lugar no Centro Cultural Luis Seoane en Arca (O Pino), o sábado 26 de Decembro, ás 19:30h. O repertorio inluirá algúns dos temas cos que acudimos ao III Certame Galego de Bandas, ademais de varias sorpresas que preparamos para a ocasión.

Esperamos a vosa asistencia e desexámosvos unhas moi felices festas.

0

Resultados do III Certame Galego de Bandas de Música

Desde a Banda de Música de Arca queremos dar as gracias a todos aqueles que nos apoiaron durante a nosa actuación no III Certame Galego de Bandas de Música. Gracias a todos vós, conseguimos acadar o 2º posto da 3ª Sección. Tamén queremos felicitar á banda gañadora, a Banda da Escola de Música de Candeán, así como ao resto de agrupacións participantes. O acontecido no Auditorio de Galicia mostra sen dúbida o gran nivel musical presente en Galicia. Desde aquí, a nosa noraboa a todos.

0

Recordando a actuación no II Certame Galego de Bandas de Música

O día 27 de Novembro comezará no Auditorio de Galicia o III Certame Galego de Bandas de Música Populares, no que a Banda de Música de Arca tentará acadar o primeiro posto. Esta é a segunda participación da Banda. Na primeira, recordamos, acadamos o segundo posto tras unha reñida votación.

Esperamos, como vides demostrando desde hai tanto tempo, o voso apoio nun momento tan importante para nós. Para aqueles que non puideron asistir na anterior ocasión, deixámosvos cunha das interpretacións da Banda de Aca que máis éxito tivo entre os nosos seguidores.

Desde a canle do YouTube da Federación Galega de Bandas de Música Populares podes recordar a nosa participación.