Últimos Títulos
0

Concerto Extraordinario: Banda de Arca & alumnos

Como xa sabes, o Concerto de Nadal 2013 foi aprazado por causas alleas á nosa vontade. A Banda de Arca leva xa moitas edicións celebrando...

Como xa sabes, o Concerto de Nadal 2013 foi aprazado por causas alleas á nosa vontade. A Banda de Arca leva xa moitas edicións celebrando dito concerto e a pesares do acontecido non imos deixar de facelo. Por iso, o vindeiro sábado 1 de febreiro, ás 20h no Centro Sociocultural Luís Seoane de Arca (O Pino) terá lugar o Concerto extraordinario de Nadal: Banda de Arca & alumnos.

Dado que o concerto anterior foi aprazado, agradeceriámosche que puideses difundir a nova data para así chegar ao máximo público posible, pois non queremos que ninguén perda a oportunidade de asistir. Para este concerto temos preparadas varias sorpresas que estamos seguros ides disfrutar e unha nova moi importante. ¡Esperamos a túa asistencia!

0

Unha nota, unha ilusión: Concerto de Nadal benéfico 2013 [Actualizado]

[Actualización importante: 16/1/2014] Xa temos nova data para o concerto: sábado 1 de febreiro de 2014 ás 20h. [Actualización importante: 28/12/2013] Temos que informar do...

[Actualización importante: 16/1/2014] Xa temos nova data para o concerto: sábado 1 de febreiro de 2014 ás 20h.

[Actualización importante: 28/12/2013] Temos que informar do aprazamento do concerto de Nadal ata novo aviso por motivos de saude dun dos nosos membros. Nada grave, pero que nos impide realizar con normalidade o concerto que tiñamos programado para hoxe. Poñeremos unha nova fecha en canto nos sexa posible. Desculpade as molestias.

A Banda de Arca, unha vez máis, presenta o tradicional Concerto de Nadal. Este ano, o concerto enmárcase nunha iniciativa xurdida no Concello: «Nadal Musical Benéfico: Unha nota, unha ilusión». Tras poñerse en contacto con nós e propoñernos unirnos a esta iniciativa, desde a Banda de Arca non puidemos máis que apraudir a voa vontade e colaborar con ela. Coa colaboración dos Servicios Sociais do Concello e Cáritas Interparroquial recolleranse alimentos non perecedoiros, que se farán chegar ás familias do Concello que máis os precisen. Toda axuda que poidades prestar será benvida.

Así, o próximo sábado 28 de decembro, ás 20h no Centro Sociocultural Luís Seoane (Arca, O Pino) terá lugar o Concerto de Nadal 2013. Temos preparado un concerto especial para a ocasión, onde non só actuará a Banda senón que tamén haberá máis sorpresas. Esperamos a túa asistencia ao concerto.

Desde a Banda de Arca desexámosche unhas moi boas festas e unha mellor entrada no vindeiro ano.

0

Resultados do VII Certame Galego de Bandas

Como xa informamos, a Banda de Música de Arca participou o pasado día 16 de novembro no VII Certame Galego de Bandas. Aqueles de vós...

Como xa informamos, a Banda de Música de Arca participou o pasado día 16 de novembro no VII Certame Galego de Bandas. Aqueles de vós que nos seguistes a través de Twitter e Facebook xa coñecedes o resultado: a Banda de Arca finalizou en cuarta posición. Como xa adiantabamos, este ano esperabamos unha moi dura competencia por parte dos compañeiros das outras bandas participantes. Podedes consultar nos seguintes enlaces o reconto final de premios e as actas do xurado.

Queremos darlle os nosos máis sinceros parabéns á Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla, á Banda de Música Sementeira de Cambre e á Agrupación Musical Atlántida de Matamá, que acadaron o primeiro, segundo e terceiro posto respectivamente na Sección II do Certame. Tamén queremos felicitar á Banda de Música Xuvenil de Torroso polo seu bo facer. Foi un pracer compartir escenario con vós. Todos os que nos acompañastes o día 16 no Auditorio de Galicia puidestes ver o gran nivel das bandas participantes nesta edición do Certame.

A nosa aspiración foi sempre a de pelexar pola vitoria polo que o certo é que un cuarto posto sábenos a pouco. Agora, dúas semanas despois, é o momento de mirar atrás e extraer conclusións do que foi unha magnífica experiencia pero tamén sendo conscientes que hai marxe para a mellora. Estamos moi satisfeitos coa nosa actuación e sabemos que demos todo o que estaba da nosa man. O cuarto posto é un estímulo para incitarnos á mellora e a continuar traballando na dirección na que o estamos facendo, polo que iso é o que imos facer.

A seguinte serie de fotos resume en certa medida o que foi unha longa xornada que comezou a media tarde no local de ensaio, cos preparativos para desprazarnos ata o Auditorio de Galicia, e que rematou a altas horas, pois a Banda festexou o resultado tras unha entrega de premios que comezou pasadas as 12 da noite. Momentos para o recordo para todos nós, e un pequena ollada ao que acontece detrás do pano e que normalmente o público non ten a oportunidade de ver.

A Banda realizou un gran esforzo para chegar coas máximas garantías ao Certame. Queremos agradecer aos profesores da Escola da Banda polo seu labor ao longo destes meses preparando aos máis pequenos, pois para moitos deles era o seu primeiro gran evento. Tamén queremos destacar o traballo dos compoñentes da Banda que, principalmente por motivos laborais, non poden acompañarnos no día a día pero que sempre están dispostos a botar unha man nos eventos máis importantes. Máis aló do resultado acadado, a experiencia non puido ser máis gratificante. É por elo polo que a Banda tamén quere felicitar a todos os seus membros polo esforzo e actitude que amosaron ao longo de todos estes meses. É un auténtico orgullo contar coa súa presencia, onde todos e cada un deles teñen unha importancia fundamental, desde o máis pequeno ata o máis veterano. E a todos os que dunha forma ou outra nos axudastes para chegar ata aquí, a nosa máis sincera gratitude.

Para finalizar e non por elo menos importante, tamén queremos darche as gracias a ti por virnos escoitar e apoiarnos no día a día pois a razón de ser dunha banda é o deleite do público que escoita os seus concertos. A maior satisfacción que acadamos neste Certame foi ver ao Auditorio de Galicia, completamente cheo e en pé, aplaudir durante minutos á Banda de Arca ao finalizar o concerto. Gracias a ti sentímonos gañadores.

0

VII Certame Galego de Bandas de Música

Como xa sabes, a Banda de Música de Arca participará en apenas dúas semanas no VII Certame Galego de Bandas organizado pola Federación Galega de...

Como xa sabes, a Banda de Música de Arca participará en apenas dúas semanas no VII Certame Galego de Bandas organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares. Este ano afrontamos unha serie de retos como o salto a unha categoría superior, a Sección Segunda, ou a preparación da obra libre, dunha gran complexidade. Aqueles que nos seguides a través de Facebook ou de Twitter puidestes ver o esforzo e as ganas coas que estamos preparando esta edición do Certame, a través das fotos e comentarios dos nosos ensaios e actuacións. Querémosvos agradecer todas as mostras de ánimo e apoio, significan moito para nós e sen dúbida nos proporcionan unha motivación extra.

As obras que interpretaremos este ano son as seguintes:

Queremos destacar en particular a obra da nosa elección. En palabras do propio autor, trátase de

Unha emocionante viaxe á Antártida envolve a este poema sinfónico, cargado de emoción, cor, ritmo e acción. Todo comeza cos preparativos no porto onde se achan as galeras. Tras esta danza, a gran expedición continua rumbo á Antártida, momento cargado de cor e misterio. Unha vez fronte ás grandes extensións de xeo, as galeras decídense a dar un paseo entre os grandes icebergs. Xa situados no corazón da Antártida, un alude sorprende ás galeras e tras a súa loita contra a nai natureza conseguen escapar do desastre e chegar sas e salvas ao lugar de partida.

Desde a Banda de Arca temos que dicir que este tipo de composicións, e esta obra en particular, gústannos de forma especial. Seguro recordas composicións como «Gavilán«, de Antón Alcalde Rodríguez ou «A arca de Noé«, tamén de Óscar Navarro, que tan bos resultados nos deron. Esperamos que esta tamén sexa do voso agrado e nos traia a mesma sorte.

Os compañeiros das bandas que nos acompañarán este ano porán o listón moi alto polo que sen dúbida a vitoria estará moi rifada. O teu apoio será un factor diferencial. Contamos coa túa presencia o día 16 de novembro a partir das 19.30h no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Tamén te animamos a que asistas aos concertos do resto de agrupacións e de seccións. Podes consultar o programa completo neste enlace [pdf].

Xa para finalizar e como aperitivo ata o día 16, soamente recordarche que podes revivir os nosos concertos de edicións anteriores do Certame desde o apartado Multimedia desta mesma páxina.

Gavilán
de Antón Alcalde Rodríguez
0

Presentación do VII Certame Galego de Bandas de Música

A Banda de Música de Arca, despois da victoria en 2010, volverá a participar nunha nova edición do Certame Galego de Bandas de Música Populares....

A Banda de Música de Arca, despois da victoria en 2010, volverá a participar nunha nova edición do Certame Galego de Bandas de Música Populares. Este ano hai novidades, pois saltaremos da Sección Terceira á Sección Segunda, onde as bandas participantes deben contar con máis de 50 músicos. Isto débese ao traballo da Escola de Música, que está incorporando continuamente a novos músicos á agrupación. A edición deste ano terá lugar os días 16 e 17 de novembro de 2013 no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Contaremos, na Sección Segunda, cos compañeiros das seguintes agrupacións:

  1. Banda de Música Sementeira de Cambre
  2. Banda de Música Xuvenil de Torroso
  3. Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla
  4. Agrupación Musical Atlántida de Matamá

Co fin de presentar a nosa candidatura ao VII Certame, a Banda de Música de Arca preparou un concerto para o vindeiro sábado 14 de setembro de 2013 ás 20.30h no Centro Sociocultural Luís Seoane, en Arca (O Pino). Neste concerto presentaremos as novidades que temos preparadas para o Certame. Contamos coa túa presencia, pois é o teu apoio o que nos motiva día a día a continuar mellorando e a aceptar retos como o que supón enfrontarse a algunhas das mellores bandas galegas. Esperámoste!

0

Concerto de Nadal 2012

A Banda de Música de Arca convídate unha vez máis ao xa tradicional Concerto de Nadal. Terá lugar o día 30 de decembro ás 20h...

A Banda de Música de Arca convídate unha vez máis ao xa tradicional Concerto de Nadal. Terá lugar o día 30 de decembro ás 20h na Casa da Cultura de Arca (O Pino). Este ano agárdanche moitas sorpresas…

Segue as últimas novidades en Facebook! Desexámosche unhas boas festas e unha mellor entrada no vindeiro ano.

0

Concerto de Nadal 2011 e presentación do novo disco

Unha vez máis, a Banda de Música de Arca convídate ao Concerto de Nadal 2011. O ano pasado preparamos un concerto especial para celebrar a...

Unha vez máis, a Banda de Música de Arca convídate ao Concerto de Nadal 2011. O ano pasado preparamos un concerto especial para celebrar a victoria no IV Certame Galego de Bandas de Música. Este ano tamén temos motivos para estar orgullosos: presentamos a nosa segunda grabación, «O souto estaba alumeado«. Con ela pretendemos recopilar algunhas das composicións máis representativas e que teñen un grande significado para nós porque forman parte dos distintos hitos que acadamos ao longo dos últimos anos. É por iso polo que seleccionamos este nome para o disco. Tal e como podes ver na nosa Historia, Neira Vilas recordaba os vellos tempos con agarimo, algo que sen dúbida nós tamén facemos co paso do tempo, e queremos inmortalizalo con esta grabación.

O concerto terá lugar no Centro Sociocultural Luís Seoane, en Arca (O Pino), o día 23 de decembro ás 21h. Contamos coa túa presencia e, en agradecemento, temos preparadas varias sorpresas.

Para conseguir este CD podes achegarte ao concerto aínda que posteriormente estará dispoñible noutros puntos para a súa venda. O CD ten un custo de 10€. Con el non so poderás desfrutar dalgunha das composicións que máis éxito tiveron entre o público se non que tamén contribuirás ao labor que estamos a realizar, cunha Escola de Música on cada vez máis rapaces e cunha Banda cada vez máis involucrada en novos proxectos. Todo o que se recaude revertirá integramente na mellora e continuidade da agrupación. É por isto polo que che damos as gracias de antemán, porque un músico non pode existir sen público e nós contamos cun dos mellores.

Mantente informado tamén a través das redes sociais, a Banda de Arca está presente en Facebook, Tuenti e no Google+!

0

Unha nova etapa

Hoxe damos un novo paso na historia da nosa Banda, despois de lograr o primeiro premio no IV Certame Galego, inaugurar a Escola de Música,...

Hoxe damos un novo paso na historia da nosa Banda, despois de lograr o primeiro premio no IV Certame Galego, inaugurar a Escola de Música, sumarnos ás novas redes sociais para unha maior difusión das nosas actividades e actuacións, traemos hoxe a renovación e estrea da nova páxina web da Banda de Arca.

Pensamos nunha web simple e funcional á cal lle engadiremos novos apartados e contidos que aínda estan en elaboración; desexamos que sexa unha web dinámica na que todo o mundo poida estar informado e mediante a cal tamén poderán acceder ás nosas redes sociais de Facebook e Tuenti.

0

Inauguración do novo local para a Escola da Banda de Arca

Onte acadamos un dos nosos ansiados obxectivos, a inauguración da Escola de Música. Tivemos o pracer de convidar a todos os nosos veciños e veciñas...

Onte acadamos un dos nosos ansiados obxectivos, a inauguración da Escola de Música. Tivemos o pracer de convidar a todos os nosos veciños e veciñas para que estiveran presentes ante un gran día para a Banda de Arca, principal beneficiaria desta escola.

Poidemos compartir as primeiras impresións desta Escola coas autoridades correspondentes, o señor alcade, Manuel Taboada e diversos concelleiros; o arquitecto que deseñou a escola e o representates da constructora do edificio. Destacar tamén a obrigada presenza do noso director, José María Blanco Pampín, que tivo verbas para os alí presentes e unha breve visita polas diversas aulas.

Esperamos poder disfrutar desta nova Escola ao cen por cen cando rematen de levar todo o inmobiliario necesarío, así como a oficialización da mesma, da que se encargaŕa a propia Banda.

0

Concerto de Nadal 2010

Como é tradicional, a Banda de Música de Arca está preparando o concerto de Nadal e quere invitarte a el. Celebrarase no Centro Cultural Luis Seoane en Arca (O Pino), o domingo 26 de Decembro, ás 19:30h. Ademais de interpretar as obras coas que alcanzamos o primeiro posto no IV Certame Galego de Bandas temos preparadas varias sorpresas, así que esperamos a túa asistencia.