Últimos Títulos
0

A Banda de Música de Arca, no III Certame Galego de Bandas

Despois de acadar o 2º posto no II Certame Galego de Bandas, a Banda de Música de Arca presentarase a esta nova edición para revalidar, se non superar, o resultado acadado. As bandas participantes na Sección Terceira son (por orde de actuación):

  • Banda de Música A Vertula de Meis
  • Banda de Música de Arca
  • Banda de Música de Chapela
  • Banda de Música U.V.C.D de Candeán
  • Banda Municipal de Música de Guitiriz
  • Ateneo Musical de Bembrive

Dito certame terá lugar os días 27, 28 e 29 de Novembro no Auditorio de Galicia. Manterémosvos informados, pero podedes atopar máis información na páxina web da Federación Galega de Bandas de Música Populares.

0

V Festival de Bandas Concello de O Pino

O venres 1 de maio de 2009, ás 20:30h e no centro sociocultural Luis Seoane (Arca) terá lugar o V Festival de Bandas Concello de O Pino. Nesta ocasión, contaremos coa presencia da Banda de Música de Llucmajor, que se desprazará desde Mallorca para acompañarnos no devandito festival. ¡Agardamos a vosa presencia!

0

II Certame Galego de Bandas de Música Populares

Durante os próximos días 21, 22 e 23 de novembro terá lugar no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) o II Certame Galego de Bandas de Música Populares.

O venres 21, a Sección Terceira (ata 45 músicos) do Certame terá coma competidora á Banda de Música de Arca, que actuará en quinto lugar loitando polo primeiro posto. Para elo, precisa do voso apoio, por iso, o Concello de O Pino poñerá a disposición dos veciños un autobús que sairá da Praza do Concello ás 19:15.

Pero se é moi cedo para ti, non busques unha excusa: a Banda de Arca actuará arredor das 22.30, despois de que o fagan as bandas de música de Cabral, Rianxo, Mondariz e Chapela e antes de que o faga a de Bembrive.

O autobús voltará ó remate do acto que será en torno ás 24.00 horas.

Podes atopar máis información sobre este Certame na páxina web da Federación Galega de Bandas.