O Director

José María Blanco Pampín

José María Blanco Pampín naceu o 27 de Marzo de 1971. Empeza os seus estudios musicais na escola de música da Banda de Música de Arca cando contaba con 9 anos, da man de D. Daniel Sánchez Barrán, trombonista da Banda Municipal de Santiago.

No ano 1990 ingresa mediante oposición no corpo de Músicas Militares do Ministerio de Defensa, ocupando a plaza de saxofonista na Música do Gobierno Militar de A Coruña. No Conservatorio Superior desta mesma cidade obtén o título de Profesor Superior de Saxofón con D. Narciso Pillo. Amplía os seus coñecementos asistindo a varios cursos de perfeccionamiento con D. Andrés Gomis (Profesor do Conservatorio de Música de Madrid), D. Jean Marie Londeix (Profesor do Conservatorio Superior de Burdeos) e cos irmáns José e Vicente Pérez.

No ano 1999 participa no curso de dirección de Bandas de Música en Cambados impartido por D. Francisco Grau Vergara, Coronel Director de la Música de S.M. el Rey. No ano 2002 realiza o Curso de Aptitude Pedagóxica (CAP) en Santiago.

Dirixindo á Banda de Arca Entre os anos 1995 e 2000 forma parte da Orquesta de Jazz do Conservatorio de A Coruña e do cuarteto de Saxofóns SOALTEBA, formacións coas que actúa por toda Galicia. Ó longo da súa carreira musical actúa con diferentes agrupacións, entre as que podemos citar a Banda de Música de Arzúa, a Banda de Música de Celanova, a Banda Municipal de Santiago, a Banda Sinfónica de la Federación Gallega de Bandas de Música, a Banda sinfónica de Galicia, a Orquesta del Festival de la Canción de O Landro (Viveiro), a Agrupación musical Armonía, etc.

Na actualidade compaxina o seu labor como músico militar coa de Director da Banda de Música de Arca e como docente na escola desta mesma Banda en saxofón, solfeo e coro e no Conservatorio de Arzúa.