Concerto de Nadal 2014

A Banda de Música de Arca convídate unha vez máis ao tradicional Concerto de Nadal. Ao igual que o ano pasado, o concerto enmárcase nunha...

A Banda de Música de Arca convídate unha vez máis ao tradicional Concerto de Nadal. Ao igual que o ano pasado, o concerto enmárcase nunha iniciativa xurdida no Concello: «Nadal Musical Benéfico: Unha nota, unha ilusión». Coa colaboración dos Servicios Sociais do Concello e Cáritas Interparroquial recolleranse alimentos non perecedoiros, que se farán chegar ás familias do Concello que máis os precisen. Toda axuda que poidades prestar será benvida.

O concerto terá lugar o día 27 de decembro ás 20h na Casa da Cultura de Arca (O Pino). Este ano agárdanche moitas sorpresas… Ven a celebrar o remate do ano con nós!

Dende a Banda de Arca desexámosche unhas moi boas festas e unha mellor entrada no vindeiro ano.