Dentro das actividades programadas para este ano 2014, no que celebramos o 150 aniversario da Banda de Música de Arca, incluímos un ciclo de concertos no que bandas doutras rexións compartían o bo facer con nós.
A Banda Municipal de Música de Betanzos tomará o relevo da Banda de Música de Sober, que nos acompañou no pasado mes de abril. Esta banda foi fundada en 1852 no coruñés concello de Betanzos. Tras unha paréntese a mediados do século pasado, reiniciou a súa traxectoria en 1991, realizando desde entón unha gran labor tanto musical como didáctica. Tivemos o pracer de compartir con eles escenario en varias ocasións, convidándonos incluso á súa terra natal. Queremos darlle o noso máis sincero agradecemento por elo e por acompañarnos nos actos do noso 150 aniversario.
Esta agrupación actuará o vindeiro sábado 25 de outubro, ás 20.30h, no Centro Sociocultural Luís Seoane de Arca (O Pino). Ademais e como podedes ver no cartel, a Banda Escola de Música de Rianxo tamén participará neste ciclo de bandas. Estamos convencidos que estas actuacións poñerán o listón moi alto. Contamos contigo!