Dentro das actividades programadas para este ano 2014, no que celebramos o 150 aniversario da Banda de Música de Arca, incluímos un ciclo de concertos no que bandas doutras rexións compartían o bo facer con nós.
A Banda de Música de Sober será a encargada de estrear este Ciclo de Bandas. Esta tamén centenaria agrupación provén do concello de Sober, situado na Ribeira Sacra. É unha agrupación cunha larga traxectoria e que xa colaborou con nós en máis dunha ocasión tanto en concertos como en actividades lúdicas, como por exemplo durante os Campamentos Musicais de Verán levados a cabo en anos pasados. Desde a Banda de Música de Arca queremos agradecerlle enormemente a súa participación nos actos do noso aniversario.
Esperámoste o vindeiro sábado 26 de abril, ás 20.30h, no Centro Sociocultural Luís Seoane de Arca (O Pino). Contamos coa túa presencia. Os membros da Banda de Sober xa nos avisaron que este sería un concerto especial e con varias sorpresas. Non o perdas!