Vídeos do VII Certame Galego de Bandas de Música

Xa están dispoñibles na sección Multimedia os vídeos coa actuación da Banda de Arca no VII Certame Galego de Bandas de Música, que tivo lugar...

Xa están dispoñibles na sección Multimedia os vídeos coa actuación da Banda de Arca no VII Certame Galego de Bandas de Música, que tivo lugar o pasado mes de novembro de 2013. Como recordarás, a Banda de Arca rematou na cuarta posición da II Sección tras un disputado certame. Queremos darche as gracias unha vez máis polo teu apoio, que fai que queiramos superarnos día tras día. Como mostra disto, debaixo destas liñas podes ver unha das obras máis completas ás que nos enfrontamos e coa que participamos en dito certame, Expedition, de Óscar Navarro.