VII Certame Galego de Bandas de Música

Como xa sabes, a Banda de Música de Arca participará en apenas dúas semanas no VII Certame Galego de Bandas organizado pola Federación Galega de...

Como xa sabes, a Banda de Música de Arca participará en apenas dúas semanas no VII Certame Galego de Bandas organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares. Este ano afrontamos unha serie de retos como o salto a unha categoría superior, a Sección Segunda, ou a preparación da obra libre, dunha gran complexidade. Aqueles que nos seguides a través de Facebook ou de Twitter puidestes ver o esforzo e as ganas coas que estamos preparando esta edición do Certame, a través das fotos e comentarios dos nosos ensaios e actuacións. Querémosvos agradecer todas as mostras de ánimo e apoio, significan moito para nós e sen dúbida nos proporcionan unha motivación extra.

As obras que interpretaremos este ano son as seguintes:

Queremos destacar en particular a obra da nosa elección. En palabras do propio autor, trátase de

Unha emocionante viaxe á Antártida envolve a este poema sinfónico, cargado de emoción, cor, ritmo e acción. Todo comeza cos preparativos no porto onde se achan as galeras. Tras esta danza, a gran expedición continua rumbo á Antártida, momento cargado de cor e misterio. Unha vez fronte ás grandes extensións de xeo, as galeras decídense a dar un paseo entre os grandes icebergs. Xa situados no corazón da Antártida, un alude sorprende ás galeras e tras a súa loita contra a nai natureza conseguen escapar do desastre e chegar sas e salvas ao lugar de partida.

Desde a Banda de Arca temos que dicir que este tipo de composicións, e esta obra en particular, gústannos de forma especial. Seguro recordas composicións como «Gavilán«, de Antón Alcalde Rodríguez ou «A arca de Noé«, tamén de Óscar Navarro, que tan bos resultados nos deron. Esperamos que esta tamén sexa do voso agrado e nos traia a mesma sorte.

Os compañeiros das bandas que nos acompañarán este ano porán o listón moi alto polo que sen dúbida a vitoria estará moi rifada. O teu apoio será un factor diferencial. Contamos coa túa presencia o día 16 de novembro a partir das 19.30h no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Tamén te animamos a que asistas aos concertos do resto de agrupacións e de seccións. Podes consultar o programa completo neste enlace [pdf].

Xa para finalizar e como aperitivo ata o día 16, soamente recordarche que podes revivir os nosos concertos de edicións anteriores do Certame desde o apartado Multimedia desta mesma páxina.

Gavilán
de Antón Alcalde Rodríguez