Presentación do VII Certame Galego de Bandas de Música

A Banda de Música de Arca, despois da victoria en 2010, volverá a participar nunha nova edición do Certame Galego de Bandas de Música Populares....

A Banda de Música de Arca, despois da victoria en 2010, volverá a participar nunha nova edición do Certame Galego de Bandas de Música Populares. Este ano hai novidades, pois saltaremos da Sección Terceira á Sección Segunda, onde as bandas participantes deben contar con máis de 50 músicos. Isto débese ao traballo da Escola de Música, que está incorporando continuamente a novos músicos á agrupación. A edición deste ano terá lugar os días 16 e 17 de novembro de 2013 no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Contaremos, na Sección Segunda, cos compañeiros das seguintes agrupacións:

  1. Banda de Música Sementeira de Cambre
  2. Banda de Música Xuvenil de Torroso
  3. Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla
  4. Agrupación Musical Atlántida de Matamá

Co fin de presentar a nosa candidatura ao VII Certame, a Banda de Música de Arca preparou un concerto para o vindeiro sábado 14 de setembro de 2013 ás 20.30h no Centro Sociocultural Luís Seoane, en Arca (O Pino). Neste concerto presentaremos as novidades que temos preparadas para o Certame. Contamos coa túa presencia, pois é o teu apoio o que nos motiva día a día a continuar mellorando e a aceptar retos como o que supón enfrontarse a algunhas das mellores bandas galegas. Esperámoste!