Concerto de Nadal 2011 e presentación do novo disco

Unha vez máis, a Banda de Música de Arca convídate ao Concerto de Nadal 2011. O ano pasado preparamos un concerto especial para celebrar a...

Unha vez máis, a Banda de Música de Arca convídate ao Concerto de Nadal 2011. O ano pasado preparamos un concerto especial para celebrar a victoria no IV Certame Galego de Bandas de Música. Este ano tamén temos motivos para estar orgullosos: presentamos a nosa segunda grabación, «O souto estaba alumeado«. Con ela pretendemos recopilar algunhas das composicións máis representativas e que teñen un grande significado para nós porque forman parte dos distintos hitos que acadamos ao longo dos últimos anos. É por iso polo que seleccionamos este nome para o disco. Tal e como podes ver na nosa Historia, Neira Vilas recordaba os vellos tempos con agarimo, algo que sen dúbida nós tamén facemos co paso do tempo, e queremos inmortalizalo con esta grabación.

O concerto terá lugar no Centro Sociocultural Luís Seoane, en Arca (O Pino), o día 23 de decembro ás 21h. Contamos coa túa presencia e, en agradecemento, temos preparadas varias sorpresas.

Para conseguir este CD podes achegarte ao concerto aínda que posteriormente estará dispoñible noutros puntos para a súa venda. O CD ten un custo de 10€. Con el non so poderás desfrutar dalgunha das composicións que máis éxito tiveron entre o público se non que tamén contribuirás ao labor que estamos a realizar, cunha Escola de Música on cada vez máis rapaces e cunha Banda cada vez máis involucrada en novos proxectos. Todo o que se recaude revertirá integramente na mellora e continuidade da agrupación. É por isto polo que che damos as gracias de antemán, porque un músico non pode existir sen público e nós contamos cun dos mellores.

Mantente informado tamén a través das redes sociais, a Banda de Arca está presente en Facebook, Tuenti e no Google+!