A Banda de Arca, gañadora no IV Certame Galego de Bandas de Música

O pasado 19 de novembro, a Banda de Música de Arca proclamouse gañadora da 3ª Sección no IV Certame Galego de Bandas de Música Populares...

O pasado 19 de novembro, a Banda de Música de Arca proclamouse gañadora da 3ª Sección no IV Certame Galego de Bandas de Música Populares [ver táboa de puntuacións] celebrando no Auditorio de Galicia. Ademais, tamén recibimos o premio á interpretación da obra de libre elección de temática galega. É para nós un momento moi especial xa que, despois de dúas participacións acadando o segundo posto, este é un resultado que recompensa o gran esforzo realizado ao longo dos últimos anos.

Queremos darlle a noraboa ao resto de bandas participantes, en especial á Agrupación Musical de Belesar e á Banda de Música de Chapela, segundos e terceiros clasificados. Todas as bandas participantes amosaron o alto nivel das bandas de música populares galegas e agardamos que continúen con esa liña de traballo que sen dúbida lle reportará grandes alegrías.

Tamén queremos agradecer a presencia e o apoio a todos aqueles que nos acompañaron durante a nosa participación xa que unicamente o seu interese e apoio fai que non sintamos altamente recompensados.

[Actualización]

Varios medios, como El Correo Gallego, Tierras de Santiago ou a Radio Galega fixéronse eco desta nova.